Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 30 de setembro de 2002 Páx. 14.229

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2002 pola que se anuncia -trámite de urxencia- a licitación do concurso aberto das subministracións de clave SC/02/037.8 e dúas máis.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas.

2. Obxecto de cada contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición dunha (1) pa retro mixta con dobre tracción para o Servicio Provincial Estradas de Pontevedra dependente da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia.

Número do expediente: SC/02/037.8.

Orzamento base de licitación: cincuenta e un mil oitenta e seis euros (51.086 euros).

División por lotes e número: non hai.

Lugar de entrega: ver punto 13 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de entrega: dous meses.

b) Descrición do obxecto: adquisición dunha (1) minicargadora de gasóleo con retro incorporado encadrada no grupo E, para a Delegación Provincial da Coruña, dependente da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia.

Número do expediente: SC/02/038.8.

Orzamento base de licitación: corenta e tres mil cincocentos setenta e tres euros (43.573 euros).

División por lotes e número: non hai.

Lugar de entrega: ver punto 13 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de entrega: dous meses.

c) Descrición do obxecto: adquisición dunha (1) rozadora (composta de tractor e rozadora), cunha potencia aproximada do tractor de 75 c.v. para a Delegación Provincial de Ourense dependente da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia.

Número do expediente: SC/02/039.8.

Orzamento base de licitación: sesenta mil cen euros (60.100 euros).

División por lotes e número: non hai.

Lugar de entrega: ver punto 13 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do orzamento base de licitación.

Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas.

b) Domicilio: edificios administrativos de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 49 86.

e) Telefax: 981 54 47 91.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos de cláusulas administrativas particulares e técnicas, relativos a esta contratación, no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/.

6. Requisitos específicos do contratista.

Acreditación da solvencia económica e financeira e solvencia técnica: ver puntos nº 7 e nº 8 do cadro de características dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (ver parágrafo 2.2.4 do prego de cláusulas administrativas particulares).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

8. Apertura das ofertas: terá lugar ás 11 horas, do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Dirección Xeral de Obras Públicas, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

9. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos dos anuncios: por conta dos adxudicatarios: o importe estimado máximo DOG: por liña 9,38 euros.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda