Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 30 de setembro de 2002 Páx. 14.227

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2002 pola que se aproba o plan de utilización dos espacios portuarios de Sada (A Coruña).

O ente público Portos de Galicia, en cumprimento do artigo 15.2º da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da Mariña Mercante, modificada pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, redac

tou o plan de utilización dos espacios portuarios de Sada (A Coruña), en marzo de 2002.

Seguindo o indicado na Lei 27/1992, o citado plan de utilización dos espacios portuarios foi tramitado polo ente público Portos de Galicia. Como resultado da tramitación do expediente, o dito plan foi modificado en xullo de 2002.

En reunión do consello de administración do ente público Portos de Galicia, celebrada o día 18 de xullo de 2002, e en cumprimento do disposto no artigo 13 e) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do ente público Portos de Galicia, modificado polo Decreto 83/2002, do 28 de febreiro, acordouse da-la súa conformidade ó plan de utilización dos espacios portuarios de Sada e elevalo e propolo para a súa aprobación ós órganos competentes da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Visto o expediente e o informe-proposta dos técnicos da área de explotación e planificación de Portos de Galicia, así como o acordo do consello de administración do ente público Portos de Galicia dando a conformidade ó plan de utilización dos espacios portuarios de Sada e acordando elevalo e propoñelo para a súa aprobación.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, polas competencias que lle confire a Lei 5/1994, de creación do ente público Portos de Galicia, e o Decreto 227/1995, polo que se aproba o seu regulamento, así como o artigo 15.2º da Lei de portos do Estado e da Mariña Mercante 27/1992.

Resolve aproba-lo plan de utilización dos espacios portuarios de Sada (A Coruña) redactado en xullo de 2002 pola área de explotación e planificación de Portos de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2002.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda