Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 27 de setembro de 2002 Páx. 14.188

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CELANOVA

ANUNCIO de licitación.

A Comisión de Goberno, na sesión do día 16 de setembro de 2002, prestou aprobación ó prego de cláusulas administrativas que rexerá o concurso, por pro

cedemento aberto, das obras de apertura e urbanización rúa entre avda. González Rei e rúa Venezuela (lateral ó centro de saúde), que quedará exposto ó público polo prazo de catro días naturais contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP de Ourense, para efectos de reclamacións.

Ó mesmo tempo, anúnciase concurso, aprazándose a licitación, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Comisión de Goberno do Concello de Celanova.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría do concello.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: apertura e urbanización rúa entre avda. González Rei e rúa Venezuela (lateral ó centro de saúde), de Celanova, de acordo co prego de cláusulas administrativas e proxecto técnico redactado polo arquitecto superior Miguel Ángel Calvo Salve, e aprobado definitivamente polo Pleno da Corporación na sesión do 18 de decembro de 2000.

b) Lugar de execución: Concello de Celanova, entre avda. González Rei e rúa Venezuela.

c) Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación e criterios de selección que se utilizarán para a adxudicación da obra.

Orzamento base de licitación: 110.560,26 euros.

Criterios de selección para a adxudicación da obra:

-Melloras: ata 5 puntos.

-Obras realizadas de características similares: ata 4 puntos.

-Medios ó servicio da obra: ata 3 puntos.

-Menor prazo de execución: máximo de 2 puntos.

-Mellor prezo: ata 1 punto.

5. Garantías.

Provisional: 2.211,21 euros, equivalente ó 2% do orzamento de contrata.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Celanova.

b) Domicilio: praza Maior; nº 1.

c) Localidade e código postal: Celanova, 32800.

d) Teléfonos: 988 43 14 81-988 43 14 87.

e) Telefax: 988 45 16 23.

f) Data límite de obtención de documentación e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo-subgrupo: A-2; E-1; G-4; I-9; K-6, categoría b).

b) Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación no BOP de Ourense ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral do Concello de Celanova, das nove ás catorce horas.

-Domicilio: praza Maior, 1.

-Localidade e código postal: Celanova, 32800.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: memoria coas variantes ou alternativas que se ofrecen.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Celanova.

b) Domicilio: praza Maior, 1.

c) Localidade: Celanova.

d) Data: ás doce horas do día seguinte hábil (agás os sábados) a aquel no que termine o prazo de presentación.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Celanova, 18 de setembro de 2002.

O alcalde

Rubricado