Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 27 de setembro de 2002 Páx. 14.172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación dos estatutos da Secretaría da Muller da CIG.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou o día 27 de agosto de 2002 a acta do II congreso da Secretaría da Muller da CIG, celebrado en Santiago de Compostela o 15 de decembro de 2001, na que se recollen as modificacións esta

tutarias aprobadas no referido congreso, e que consisten nunha nova redacción dos estatutos.

Asinan a acta do II congreso da Secretaría da Muller da CIG, África Veloso Peaguda, en calidade de presidenta e seis persoas máis.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais