Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 27 de setembro de 2002 Páx. 14.164

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se anuncia a licitación do concurso de proxecto e obra da terminal marítima de Moaña (Pontevedra), polo procedemento aberto e urxente.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Transportes.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: proxecto e execución da obra da terminal marítima de Moaña (Pontevedra).

b) Prazo de execución: véxase cadro de características e prego de prescricións técnicas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe máximo retido: 504.615,01 euros.

5. Garantías.

Provisional: 10.092,30 euros.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación, o seu cadro de características e o prego de prescricións técnicas poderanse recoller en:

a) Entidade: nos servicios centrais da Dirección Xeral de Transportes e nas delegacións provinciais da CPTOPV.

b) Enderezo: praza de Europa, 5-A (2º andar).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Teléfono: 981 54 45 94.

e) Telefax: 981 54 43 51.

f) Tamén se poderá recolle-lo prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas na páxina de Internet: www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=1760.

g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo C; categoría D; grupo F; subgrupo 7; categoría E.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións terminará ás catorce horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia; se coincide nun día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que integrará as ofertas: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse polo correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme co disposto no artigo 80 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

Enderezo: r/ San Caetano, s/n.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.

9. Apertura das ofertas.

Realizarase nos locais da Dirección Xeral de Transportes; enderezo: praza de Europa, 5-A (2º andar); localidade: Santiago de Compostela; ás 12 horas do quinto día hábil contado a partir do día seguinte á data límite de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

10. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario ata un importe máximo de 6.000 euros.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2002.

P.D. (Orde 25-10-1983, DOG do 14 de decembro)

Mª José Bravo Bosch

Directora xeral de Transportes