Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 27 de setembro de 2002 Páx. 14.142

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2002 pola que se convoca un curso de dereito público autonómico de Galicia para persoal de Administración local.

Dentro do plan de actividades da EGAP para o 2002, e ó amparo do convenio subscrito con data do 15 de xaneiro de 2002, para a creación do Centro de Estudios Locais de Galicia, conforme coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase un curso de dereito público autonómico de Galicia para

persoal de Administración local, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

Análise sistemática do bloque normativo de carácter autonómico que resulta aplicable no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto desde unha perspectiva teórica como práctica.

Segunda.-Destinatarios.

Funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional e técnicos de administración xeral pertencentes ós grupos A ou B con funcións de asesoramento xurídico.

Terceira.-Desenvolvemento.

1. Duración: 67 horas.

2. Lugar: Santiago de Compostela, sede da EGAP.

3. Datas: 4, 6, 7, 11, 13, 14, 18, 20, 21, 25, 27 e 28 de novembro; 2, 4, 5, 9, 11, 12 e 16 de decembro de 2002.

4. Horarios: de 17 a 20.30 horas.

5. Prazas: 40.

Cuarta.-Solicitudes.

O persoal que desexe participar no curso programado deberá solicitalo coa presentación da instancia que segundo modelo oficial figura como anexo desta resolución e cubrila en tódolos seus epígrafes.

As solicitudes irán dirixidas ó director da EGAP e presentaranse no rexistro da Escola Galega de Administración Pública, rúa Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou tramitaranse por calquera das outras formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30, sen prexuízo da necesidade de remisión da solicitude orixinal por correo ordinario.

O prazo de presentación de solicitudes rematá o día 18 de outubro de 2002.

Seguidamente, efectuarase a selección dos participantes e esta notificaráselles directamente ós admitidos e publicarase na páxina web: www.egap.xunta.es

Quinta.-Selección.

Os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 27 de xuño de 1991, pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades da EGAP (DOG nº 149, do 3 de agosto).

Sexta.-Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento do curso, así como a de anulalo se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Sétima.-Certificado de aptitude.

Para obte-lo correspondente certificado de aptitude, os alumnos deberán presentar un traballo relacionado coas materias impartidas, conforme as instruccións do director do curso.

A expedición do certificado queda supeditada, ademais, á asistencia regular ás clases, de xeito que a inasistencia non poderá ser igual ou superior ó 15% das horas lectivas programadas.

Oitava.-Valoración.

Para os efectos do establecido na resolución do INAP do 26 de outubro de 1994, BOE nº 267, do 8 de abril, e correción, BOE nº 311, do 29 de decembro, pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local en cumprimento do establecido na orde do Ministerio para as Administracións Públicas do 10 de agosto de 1994, ó presente curso outorgaráselle unha puntuación de 1,60 puntos.

Para os efectos do establecido no Decreto 136/1997, do 5 de xuño (DOG nº 114, do 16 de xuño), sobre a determinación dos méritos que lle corresponde fixar á Comunidade Autónoma nos concursos para a provisión de prazas reservadas a funcionarios da Administación local con habilitación de carácter nacional, ó presente curso outorgaráselle unha puntuación de 1,20 puntos.

Novena.-Contido.

I. Introducción: o dereito público autonómico de Galicia. A articulación do dereito público autonómico de Galicia. O Estatuto de autonomía de Galicia. II. Organización institucional da Comunidade Autónoma de Galicia: estructura orgánica. O Parlamento de Galicia. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O Valedor do Pobo. O Consello Consultivo de Galicia. O Consello de Contas de Galicia. III. Organización territorial de Galicia: os entes locais galegos no marco da Constitución española. A provincia. O municipio. Outras entidades locais. A Lei de desenvolvemento comarcal de Galicia. Relacións interadministrativas. IV. Administración corporativa e outras organizacións representativas. V. Normativa autonómica sectorial: Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública. Economía e Facenda. Medio Ambiente. Sanidade. Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Asuntos Sociais. Promoción do Emprego, Muller e Xuventude. Emigración e Cooperación Exterior. Pesca e Asuntos

Marítimos. Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural. Educación e Ordenación Universitaria. Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Cultura e Política Lingüística. Industria, Comercio, Consumo e Turismo.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2002.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA