Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 27 de setembro de 2002 Páx. 14.102

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 20 de setembro de 2002 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria de bolsas para a formación de persoal especialista en temas de investigación mariña, correspondentes ó programa de recursos humanos do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

A Lei 12/1993, de fomento da investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, no seu artigo 1 establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica

para promove-lo desenvolvemento económico, social e productivo de Galicia. Como unha ferramenta encamiñada ó logro deste obxectivo, a citada lei, no seu capítulo II, crea o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico. O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 14 de marzo de 2002, aprobou o Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (2002-2005).

Dentro do plan, o programa de recursos mariños persegue a utilización óptima dos recursos mariños, incluíndo a determinación das bases técnicas da xestión, actuando sobre dúas áreas fundamentais: a pesca e a acuicultura, que esixen unha cada vez máis forte presencia de persoal con altos niveis de formación e experiencia.

En aplicación do plan e dentro do programa de recursos humanos, tendo en conta a intensa demanda de especialistas no campo da investigación mariña,

DISPONSE:

Artigo 1º

Anúnciase a convocatoria das bolsas que a continuación se indican, dentro do programa de recursos mariños, e apróbanse e fanse públicas as bases polas que se rexerán as respectivas convocatorias que se inclúen como anexos desta orde, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia:

1. Bolsas para a realización de teses de doutoramento en temas de investigación mariña.

2. Bolsas dedicadas ó remate de teses de doutoramento en temas de investigación mariña.

Artigo 2º

O financiamento destas bolsas farase con cargo á partida orzamentaria 12.04.432.A.480.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma galega dos anos 2002 (55.790 euros) e 2003 (7.240 euros).

Artigo 3º.-Prazo de resolución e recursos.

O prazo máximo para resolve-las solicitudes presentadas ó amparo desta convocatoria será de 6 meses, contados desde a publicación desta orde no DOG. De non mediar resolución expresa no dito prazo, as solicitudes deberán entenderse desestimadas.

A convocatoria, as súas bases e todos cantos actos administrativos deriven dela, poden ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Contra as resolucións expresas ou presuntas que deriven desta convocatoria, que poñen fin á vía admi

nistrativa, poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, ou ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da recepción da correspondente notificación no caso de resolución expresa. No caso de que a resolución se entenda desestimatoria por silencio administrativo, o prazo será de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

De non estima-la presentación deste recurso, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da recepción da correspondente notificación, se é a resolución expresa. No caso de que a resolución se entenda desestimada por silencio administrativo, o prazo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 4º

Os beneficiarios das axudas concedidas ó abeiro do disposto nesta orde quedan obrigados a facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro e a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas, no exercicio da súa función de fiscalización e control. Así mesmo, os beneficiarios deberán proceder ó reintegro total ou parcial da subvención ou axuda pública percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.

Disposicións derradeiras

Primeira -Facúltase o secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento e a directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro para que dicten as disposicións necesarias para a aplicación do disposto nesta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela 20 de setembro de 2002.

Jaime Pita VarelaEnrique C. López Veiga

Conselleiro da Presidencia, RelaciónsConselleiro de Pesca

Institucionais e Administración Públicae Asuntos Marítimos

ANEXO I

Bolsas para a realización de teses de doutoramento

en temas de investigación mariña

O obxecto desta convocatoria é a concesión de tres (3) bolsas dun ano de duración, prorrogable

por períodos dun ano ata un máximo de catro, para a realización de teses de doutoramento nos seguintes campos:

-Patoloxía e immunoloxía de moluscos bivalvos.

-Depuración de ficotoxinas en moluscos bivalvos.

-Cultivo de longueirón vello (Solen marginatus).

1. Requisitos dos solicitantes.

Para optar a unha destas bolsas serán necesarios os seguintes requisitos:

a) Posuí-la nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.

b) Ter aprobadas tódalas disciplinas requiridas para a obtención do título de licenciado en:

-Biolóxicas ou ciencias do mar para a realización da teses de doutoramento no ámbito de patoloxía de moluscos bivalvos ou cultivo de longueirón vello.

-Biolóxicas, ciencias do mar, farmacia ou veterinaria para a realización da teses de doutoramento no ámbito de depuración de ficotoxinas en moluscos bivalvos.

c) Ter obtido o título de licenciado nunha universidade do sistema universitario de Galicia.

d) Non ter desfrutado destas bolsas ou outras homologadas a elas en anteriores convocatorias.

2. Contía das bolsas.

O importe das bolsas incluirá:

2.1. Unha asignación mensual bruta de 905 euros, aínda que se poderá incrementar durante o ano 2003 nunha liña tendente á homologación con bolsas estatais no caso de existir crédito adecuado e suficiente.

2.2. Seguro de asistencia médica e seguro combinado de accidentes, que se imputará á mesma aplicación orzamentaria que as bolsas.

O seguro de asistencia médica será estensible, de se-lo caso, ó cónxuxe e fillos do beneficiario cando estes carezan de Seguridade Social.

A contía da bolsa poderá ser incrementada, en función das dispoñibilidades orzamentarias, ata un máximo de 1.510 euros para actividades de formación dentro do programa da bolsa, logo de solicitude do bolseiro e informe favorable da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento pesqueiro, e sempre que o titor considere necesaria a súa asistencia.

3. Período de desfrute.

3.1. A duración destas bolsas é de 12 meses comprendidos entre o 1 de novembro de 2002 e o 31 de outubro de 2003.

3.2. Ós adxudicatarios destas bolsas de nova adxudicación prorrogaráselle-la bolsa automaticamente

por períodos dun ano ou fracción ata completar un total máximo de catro anos, logo da presentación, antes do 1 de xuño do ano seguinte ó de obtención da bolsa ou prórroga, da seguinte documentación:

-Memoria das actividades académicas e investigadoras realizadas durante o período transcorrido en que desfrutou da bolsa de nova adxudicación e plan de traballo durante a prórroga solicitada. Deberá ir asinada polo bolseiro e co visto e prace do/s director/es, do proxecto de investigación.

-Informe (en papel oficial ou con selo do correspondente centro/departamento), do director/es no que se confirme que as actividades realizadas polo bolseiro durante o período de desfrute da bolsa, en relación coa adquisición de contidos e destrezas de investigación, foron adecuadas.

-Declaración do solicitante de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo fin, das administracións públicas competentes.

-Ademais, para solicita-la segunda prórroga o bolseiro deberá acredita-la súa suficiencia investigadora.

-O importe mensual das prórrogas equipárase ó das bolsas de nova adxudicación que se convoquen para o ano correspondente.

4. Centro de realización.

Centro de Investigacións Mariñas (Cima), integrado polo Centro de Investigacións Mariñas de Corón (Vilanova de Arousa) e o Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo.

5. Formalización das solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial RHU-05, a cara externa do cal se publica como anexo III a esta orde, están á disposición dos interesados nas dependencias da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, na Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, e na Internet nos enderezos: http:/www.sxid.org, http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid). As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, xunto coa seguinte documentación:

5.1. Certificación académica detallada na que figuren as cualificacións obtidas, as súas datas de obtención e o número exacto de convocatorias investidas en cada materia (orixinal ou fotocopia compulsada). Non serán válidas as certificacións extractadas do expediente académico do solicitante.

No caso de estudios validados, deberá presentarse así mesmo certificación académica, de idénticas características, para os estudios de orixe.

Os que acceden ó 2º ciclo dunha licenciatura a través do curso de adaptación correspondente, por estaren en posesión dun título de diplomado ou por teren realizado o 1º ciclo dalgunha titulación que permita o acceso, para efectos de determina-la media do expediente académico, deberán xuntar, ademais da certificación correspondente ó curso de adaptación, 4º e 5º, a referente á diplomatura ou ós estudios de 1º ciclo realizados.

A certificación incluirá, se é o caso, a cualificación correspondente á tese de licenciatura e indicará expresamente que se obtivo o grao pola modalidade de tese de licenciatura e o título desta.

5.2. Currículum vitae do solicitante cos documentos acreditativos dos méritos alegados.

5.3. Declaración xurada do solicitante na que conste que cumpre o requisito establecido no punto 1.d).

5.4. Declaración do solicitante de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

6. Tramitación.

Os servicios administrativos da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro comprobarán que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos nesta orde e exporán, nun prazo de dez días desde o remate do prazo de presentación de solicitudes, a lista de solicitudes admitidas e excluídas, sinalando, se é o caso, as causas de exclusión, nos taboleiros de anuncios da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, e na Internet nos enderezos: http:/www.sxid.org; http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid. Esta lista estará exposta durante dez días, e os interesados poderán, durante ese prazo, formular reclamación para emendar erros e faltas de documentos, ante a Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión, procederase conforme o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992.

7. Selección de candidatos.

7.1. Comisión de selección.

A selección de candidatos será efectuada por unha comisión constituída por cinco membros, dos que tres serán designados pola directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro (un deles actuará como presidente e outro como secretario) e os outros dous designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

7.2. Criterios de selección.

A selección de bolseiros farase en función dos méritos acreditados nos puntos 5.1 e 5.2.

7.2.1. Baremación de solicitudes.

a) Expediente académico de 1º e 2º ciclo (media licenciatura): máximo 4 puntos.

As cualificacións de 1º e 2º ciclo (estudios de licenciatura), valoraranse de acordo co seguinte baremo:

Matrícula de honra: 4 puntos.

Sobresaliente: 3 puntos.

Notable: 2 puntos.

Aprobado: 1 punto.

Suspenso/non presentado: 0 puntos.

b) Currículum vitae: máximo 2 puntos.

Valorarase:

b.1) A proximidade temporal á obtención do título de licenciado (ano 2002: 1 punto; ano 2001: 0,75 puntos; ano 2000: 0,50 puntos; ano 1999: 0,25 puntos...).

b.2) Outros (cursos, coñecemento de idiomas...).

A puntuación final de cada solicitante obterase da suma do expediente+currículum.

Os solicitantes ordenaranse por orde decrecente da puntuación obtida en función do tipo de bolsa e adxudicaranse as bolsas comezando polo candidato de maior puntuación.

A comisión elaborará unha lista de suplentes, en cada ámbito, por orde decrecente de puntuación, na que figurarán os solicitantes que, cumprindo os requisitos, non acadaron puntuación suficiente para seren adxudicatarios de bolsa.

Os solicitantes que figuren na lista de suplentes só poderán acceder á bolsa de se produciren renuncias de bolseiros antes do 31 de marzo de 2003.

8. Resolución do concurso.

A comisión de selección de investigación elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro para que resolvan. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

9. Condicións do desfrute.

Estas bolsas son incompatibles coa realización dun traballo remunerado ou o desfrute doutro tipo de bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos ou privados, salvo co desfrute daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das accións formativas que o solicitante vai realizar segundo o seu proxecto (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación) así como cos contratos derivados do artigo 11.2º da Lei de fomento e coordinación xeral

da investigación científica e técnica (Lei 13/1986, do 14 de abril) ou da Lei de fomento de investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia (Lei 12/1993, do 6 de agosto).

A Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro poderá conceder, só en casos excepcionais, interrupcións no aproveitamento da bolsa por petición razoada do interesado, logo de informe do seu director de tese.

As interrupcións non poderán ser nunca superiores a 6 meses ó longo da duración da bolsa e as posibles renovacións, e non darán lugar en ningún caso á posibilidade de recupera-lo período interrompido.

Así mesmo, no caso de maternidade poderá concederse, logo de petición, unha interrupción de ata un máximo de 4 meses, reducíndose a contía da bolsa, no dito período, a un 75%.

No momento en que algún dos beneficiarios destas bolsas realice a lectura da súa tese de doutoramento deberá comunicalo á Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. Se o escrito vén xunto cun informe do director da tese, no que se dá conta de que o doutorando participa noutras tarefas de investigación do grupo poderase, por parte da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, autoriza-la continuación do desfrute da bolsa ata o remate do período para o que se lle concedeu.

10. Aceptación da bolsa e pagamento.

10.1. A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado polo bolseiro, no que se comprometa a cumprir tódalas condicións recollidas nestas bases. Antes de inicia-los pagamentos os bolseiros deberán presentar unha declaración xurada na que conste que non realizan traballo remunerado nin desfrutan doutro tipo de bolsa.

10.2. As bolsas aboaranse mensualmente. O pagamento do último mes farase despois de que o bolseiro presente:

O informe final que resuma a totalidade do traballo realizado co visto e prace do director do traballo.

Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas para o mesmo fin, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

11. Obrigas dos bolseiros. Seguimento da axuda.

Os bolseiros estarán obrigados a cumprir con aproveitamento as distintas etapas do proxecto de investigación, e deberán axustarse ás normas propias do departamento ou centro de investigación onde aquel se realice, con dedicación exclusiva á súa función.

Antes de finaliza-lo segundo semestre do período de desfrute da bolsa, deberán remitir á Dirección

Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro un informe do traballo realizado ata o momento. Para poder percibi-la última mensualidade deberán remiti-lo informe final que resuma a totalidade do traballo realizado incluíndo, se é o caso, copia dos traballos publicados. Nos informes deberá figura-lo visto e prace do director do proxecto.

A concesión e desfrute dunha bolsa non establece relación contractual ou estatutaria co centro ó que quede adscrito o beneficiario, nin implica por parte do organismo receptor ningún compromiso en canto á posterior incorporación do interesado ó cadro de persoal deste.

Os bolseiros están obrigados a residir na Comunidade Autónoma salvo durante os períodos de formación ós que expresamente sexan autorizados.

O bolseiro está obrigado a notificarlle á Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro a data de defensa da súa tese e a cualificación obtida. No suposto de que non realice a defensa da tese deberallo notificar igualmente á Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, indicando as causas que motivaron a dita circunstancia.

O incumprimento por parte do bolseiro dalgunha das condicións recollidas nestas bases suporá a perda da bolsa concedida e, de se-lo caso, o reintegro das cantidades cobradas consonte o establecido no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia na redacción dada pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa.

ANEXO II

Bolsas dedicadas ó remate de teses de doutoramento

en temas de investigación mariña

Primeiro.-Obxecto.

O obxecto desta convocatoria é a concesión de cinco (5) bolsas de seis meses de duración para acada-lo remate da teses de doutoramento en temas de investigación mariña.

Segundo.-Solicitantes.

Poderán optar a estas bolsas aqueles beneficiarios das bolsas convocadas pola Orde do 7 de agosto de 1998, da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, e pola Orde do 9 de abril de 1999, conxunta da Consellería da Presidencia e Administracion Pública e da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura que aínda non rematasen a súa tese de doutoramento.

Terceiro.-Solicitudes.

As solicitudes, no modelo oficial RHU 06, a cara externa do cal se publica como anexo IV a esta orde, están á disposición dos interesados nas dependencias da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, na Secretaría Xeral Investiga

ción e Desenvolvemento, e na Internet nos enderezos: http:/www.sxid.org, http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid). As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

As solicitudes deberán ir, inescusablemente, xunto coa seguinte documentación:

1. Memoria das actividades académicas e investigadoras realizadas polo bolseiro durante o último ano. Deberá ir asinada polo bolseiro e co visto e prace do director da tese.

2. Informe do/s director/es no que se confirme que as actividades realizadas polo bolseiro durante o período de desfrute da bolsa, en relación coa adquisición de contidos e destrezas de investigación, foron adecuados.

3. Memoria realizada polo bolseiro acerca do estado actual do traballo e plan de traballo durante o período da bolsa, co visto e prace do/s director/es.

4. Declaración de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 dias hábiles desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Tramitación.

Os servicios administrativos da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro procederán á revisión das solicitudes comprobando se é correcta a documentación presentada. En caso contrario, requirirase do solicitante que achegue a documentación complementaria ou corrixa os erros detectados no prazo de dez días, advertíndolle que, de non o facer, se procederá conforme o establecido no artigo 71 da Lei 30/1999, modificada pola Lei 4/1999.

Quinto.-Contía da bolsa.

O importe da bolsas incluirá:

1. Unha asignación mensual de 905 euros brutos.

2. Seguro de asistencia médica e seguro combinado de accidentes, que se imputará á mesma aplicación orzamentaria das bolsas.

O seguro de asistencia médica será estensible, de se-lo caso, ó cónxuxe e fillos do beneficiario cando estes carezan de Seguridade Social.

Sexto.-Comisión de selección e resolución.

A selección de candidatos será efectuada por unha comisión constituída por cinco membros, dos que tres serán designados pola directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro (un deles actuará como presidente e outro como secretario), e os outros dous designados polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

A selección dos bolseiros farase en función do informe e da memoria que se especifican nos puntos 2 e 3 da base terceira.

A comisión de selección de investigación elevará a proposta de resolución á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro para que resolvan. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Sétimo.-Aceptación da bolsa e pagamento.

1. A aceptación da bolsa farase mediante documento asinado polo bolseiro, no que se comprometa a cumprir tódalas condicións recollidas nestas bases. Así mesmo, o bolseiro presentará declaración xurada na que conste que non realiza traballo remunerado nin desfruta doutro tipo de bolsa.

2. O pagamento destas bolsas realizarase en dous pagamentos trimestrais; o primeiro, unha vez aceptada a bolsa, e o segundo, despois de que o bolseiro presente o informe final que resuma a totalidade da actividade realizada, co visto e prace do director do traballo.

Oitavo.-Condicións do desfrute.

Estas bolsas son incompatibles coa realización dun traballo remunerado ou o desfrute doutro tipo de bolsas ou axudas, salvo co desfrute daquelas bolsas que se convocan para cubrir algunha das accións formativas que o solicitante vai realizar segundo o proxecto (asistencia a reunións, congresos, seminarios e cursos de especialización ou estadías noutros centros para aprender ou intercambiar técnicas de investigación), así como cos contratos derivados da aplicación do artigo 11 da Lei de reforma universitaria (Lei 11/1983, do 25 de agosto), do artigo 11.2º da Lei de fomento e coordinación xeral da investigación científica e técnica (Lei 13/1986, do 14 de abril), ou da Lei de fomento da investigación e de desenvolvemento tecnolóxico de Galicia (Lei 12/1993, do 6 de agosto).

Excepcionalmente, poderanse conceder interrupcións no desfrute da bolsa por petición razoada do interesado, logo do informe do seu director de tese. As interrupcións non poderán ser nunca superiores a seis meses ó longo da duración da bolsa e as posibles renovacións, e non darán lugar en ningún caso á posibilidade de recupera-lo período interrompido.

Así mesmo, no caso de maternidade poderá concederse, logo de petición, unha interrupción de ata o máximo de 4 meses, reducíndose a contía da bolsa no dito período a un 75%.

No momento en que se produza a incompatibilidade no desfrute da bolsa, o bolseiro deberá comunicalo á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento ou á Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, e procederase á suspensión da bolsa correspondente.

Para que o interesado poida ter dereito a percibi-las mensualidades correspondentes ó período anterior á súa renuncia, deberá presenta-la memoria da actividade realizada ata ese momento, asinada por el e co visto e prace do director da tese.

Así mesmo, no momento en que realice a lectura da súa tese de doutoramento deberá comunicalo e, no caso de que o bolseiro xustifique mediante un informe do seu director que participa noutras tarefas de investigación e poderase autoriza-la continuación do desfrute da bolsa ata o remate do período para o que se lle concedeu.

Noveno.-Obrigas dos bolseiros. Seguimento da axuda.

O bolseiro estará obrigado a cumprir con aproveitamento as distintas etapas do proxecto de investigación, debendo axustarse ás normas propias do departamento ou centro de investigación onde aquel se realice, con dedicación exclusiva á súa función.

Para poder percibi-lo último trimestre deberá remiti-lo informe final (máximo 5 páxinas), que resuma a totalidade do traballo realizado incluíndo, se é o caso, copia dos traballos publicados. Neste informe deberá figura-lo visto e prace do director do proxecto.

Os bolseiros adscritos á universidade poderán dedicar ata un máximo de 40 horas durante o curso académico á colaboración en actividades docentes con fins formativos, limitadas ás ensinanzas prácticas ou suplencias, non superior neste caso a 10 horas, logo da conformidade entre o director do traballo e o departamento implicado.

A concesión e o desfrute da bolsa non establece relación contractual ou estatutaria co centro ó que quede adscrito o beneficiario, nin implica por parte do organismo receptor ningún compromiso en canto á posterior incorporación do interesado ó cadro de persoal del.

Os bolseiros están obrigados a residir na Comunidade Autónoma salvo durante os períodos de formación para os que expresamente sexan autorizados.

O bolseiro está obrigado a notificar á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e á Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro a data de defensa da súa tese e a cualificación obtida. No suposto de que non realice a defensa da tese, deberá notificalo igualmente, indicando as causas que motivaron a dita circunstancia.

Décimo.-Incidencias.

A Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro resolverán tódalas dúbidas e incidencias que se poidan presentar na aplicación desta convocatoria.