Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 26 de setembro de 2002 Páx. 14.095

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VEDRA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno municipal, en sesión do 13 de setembro de 2002, acordou aprobar definitivamente o proxecto de compensación do SAU-1 en San Xián de Sales, deste termo, e que foi redactado polo arquitecto José Luis Varela Varela e visado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia con data do 15 de xullo de 2002.

Contra este acordo poderá interpoñerse directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde a data de publicación deste anuncio. Así mesmo, poderá interpoñerse, con carácter previo e potestativo, e no prazo dun mes desde a data desta publicación, recurso de reposición ante esta alcaldía.

Vedra, 16 de setembro de 2002.

Odón C. Cobas García

Alcalde