1. Entidade adxudicadora:
a) Concello de San Cibrao das Viñas.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición: realización da obra de acondicionamento dun muro en Carballeira e beirarrúas en Loiro.
b) División por lotes e número: non.
c) Lugar de execución: Carballeira e Loiro.
d) Prazo de execución: 3 meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación:
Orzamento de licitación: 66.111,32 A (sesenta e seis mil cento once euros con trinta e dous céntimos).
5. Garantías:
a) Provisional: 2% do orzamento base de licitación: 1.322,22 A.
b) Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información:
a) Lugar: Secretaría do Concello de San Cibrao das Viñas, en horario das 9 ás 14 horas.
b) Domicilio e teléfono: Casa do Concello de San Cibrao das Viñas, praza da Constitución, 1, San Cibrao das Viñas. Teléf.: 988 38 10 34; fax: 988 38 11 01.
c) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.
Un exemplar do proxecto e do prego de cláusulas depositaranse na fotocopiadora Puga, situada na zona universitaria (Ourense) para a obtención de copias polos interesados.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: non se esixe.
b) Outros requisitos: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.
8. Presentación de proposicións:
a) Prazo de presentación: ata o vixésimo sexto (26) día natural contado desde o seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia das 9 ás 14 horas. Se o último día fose inhábil ou sábado o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexe a contratación, consonte cos modelos que se establecen no dito prego.
c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da casa do concello ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.
9. Apertura de ofertas:
a) Lugar: Casa do Concello de San Cibrao das Viñas.
b) Data: o terceiro día hábil seguinte (excepto sábados) a aquel ó remate do prazo de presentación de ofertas.
c) Hora: 10 horas.
10. Outras informacións:
Os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.
11. Gastos do expediente:
Os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.
San Cibrao das Viñas, 16 de setembro de 2002.
Elisa Nogueira Méndez
Alcaldesa