Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 26 de setembro de 2002 Páx. 14.092

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTECESURES

ANUNCIO de concurso.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Pontecesures.

b) Dependencia: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: execución da obra de saneamento e abastecemento en Rúa Nova e San Lois (POL/02).

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: as comprendidas no proxecto de referencia.

d) Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total, IVE incluído: 57.556,70 euros.

5. Garantías:

a) Provisional: 1.151,13 euros.

b) Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Pontecesures.

b) Domicilio: avda. de Vigo, nº 2.

c) Localidade: Pontecesures. C.P. 36640.

d) Teléfono: 986 55 71 25.

e) Fax: 986 55 75 54.

f) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría C.

b) Outros requisitos: acredita-la solvencia económica-financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 do R.D.L. 2/2000.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: 13 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio da licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia (última publicación).

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións.

c) Lugar de presentación: punto 6 anuncio.

9. Apertura de ofertas:

Data: o día seguinte hábil ó do remate de presentación de ofertas (agás se coincide en sábado, en que se trasladará ó día seguinte hábil) ás 12 horas.

Na secretaría do concello estará de manifesto o expediente, que poderá examinarse perante o prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios:

Serán por conta dos adxudicatarios.

Pontecesures, 20 de setembro de 2002.

Luis Ángel Sabariz Rolán

Alcalde en funcións