Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 26 de setembro de 2002 Páx. 14.082

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación de estatutos da Federación Empresarial de Aserradores y Rematantes de Maderas de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 26 de agosto de 2002, certificación expedida polo secretario da devandita federación, José María Dios Vilameá, avalada co visto e prace do presidente, Alberto Irisarri Castro, na que se reflicten os acordos acadados na reunión realizada en Santiago de Compostela o día 25 de maio de 2002 pola asemblea xeral, e que consisten na modificación de diversos artigos dos estatutos.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais