De conformidade co disposto nos artigos 48.1º da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 48.2º, 49º, 50º e 51º do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, esta delegación acorda sinala-lo día 24 de outubro de 2002, ás 12 horas, para que o pagador da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A., proceda nas oficinas da Casa do Concello de Irixoa, ós pagamentos do prezo xusto e xuros, por expropiación e imposición de servidumes de paso da liña eléctrica aérea a 15/20 kV, C.T. e R.B.T. no lugar dos Muíños (expediente 101/1996), ós interesados propostos como titulares dos predios afectados, ós que se lles dirixirá notificación individual para o efecto.
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5º da citada Lei de expropiación forzosa.
A Coruña, 21 de agosto de 2002.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial en funcións da Coruña
CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL
E TURISMO