Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 26 de setembro de 2002 Páx. 14.071

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 2 (ATS/enfermeiro/practicante/DUE) do grupo II do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se anuncia a data, a hora e o lugar no que terá lugar a lectura do segundo exercicio.

Na sesión que tivo lugar o día 17 de setembro de 2002, o tribunal designado polas ordes da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 10 de decembro de 2001 (DOG nº 247, do 25 de decembro), e da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 15 de xaneiro de 2002 (DOG nº 17, do 23 de xaneiro), modificadas pola Orde do 24 de xaneiro de 2002 (DOG nº 51, do 12 de marzo), para xulga-lo proceso selectivo correspondente á categoría 2 (ATS/enfermeiro/practicante/DUE) do grupo II do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 30 de xullo de 2001 (DOG nº 160, do 20 de agosto), acordou que a lectura do segundo exercicio da fase de oposición comezará o día 30 de setembro, ás 16 horas, na sala 0-1 do edificio administrativo do Sergas en San Lázaro.

O chamamento realizarase do seguinte xeito:

-Día 30 de setembro, ás 16 horas, de Taboada Barcia, Ana María, a Barreira Iglesias, Mª Carmen, ámbalas dúas incluídas.

-Día 1 de outubro, ás 16 horas, de Becerra Vilas, Josefina, a Cortes Mayanes, Mª del Carmen, ámbalas dúas incluídas.

-Día 2 de outubro, ás 16 horas, de Cortiñas Álvarez, Mª José, a García Alonso, Mónica, ámbalas dúas incluídas.

-Día 3 de outubro, ás 16 horas, de García Vilela, Mª del Pilar, a Longa Portabales, María, ámbalas dúas incluídas.

-Día 4 de outubro, ás 16 horas, de López Arias, Natalia, a Martínez Rey, Patricia, ámbalas dúas incluídas.

-Día 7 de outubro, ás 16 horas, de Mato Guerra, Paula, a Outeiriño Novoa, Mª Soledad, ámbalas dúas incluídas.

-Día 8 de outubro, ás 16 horas, de Paris Badía, Gloria María, a Regueiro Abel, Marta, ámbalas dúas incluídas.

-Día 14 de outubro, ás 16 horas, de Rey González, Mónica, a Rodríguez Quinta, Fátima, ámbalas dúas incluídas.

-Día 15 de outubro, ás 16 horas, de Rodríguez Rodríguez, Ana María, a Santaeufemia Castro, Purificación, ámbalas dúas incluídas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2002.

Mª José Pérez Dafonte

Presidenta do tribunal II