Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 25 de setembro de 2002 Páx. 14.047

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 22 de xullo de 2002, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte Lugar da Igrexa, pertencente á parroquia de Porto do concello de Salvaterra de Miño.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 8 de febreiro de 2002, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñal en man común, do seguinte monte:

Concello: Salvaterra de Miño.

Parroquia: Porto.

Nome do monte: Lugar da Igrexa.

Cabida: 1.053 m. (Superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte, leste e oeste: predios particulares, muro por medio.

Sur: camiño de servicio.

Servidumes e ocupacións: no muro correspondente ó límite N atópase practicada unha porta de acceso aínda que non hai senda trazada na parcela.

Lindantes:

Norte, leste e oeste: José Naval Troncoso.

Descrición: o estado da parcela é raso con chan moi escaso sobre graveira. Existen mollóns non labrados nas extremas de cada liña. Atópase fincada a construcción dun muro no límite sur, separando do camiño de servicio.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte a publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se estime procedente en relación cos montes de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 22 de xullo de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra