Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 25 de setembro de 2002 Páx. 14.045

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fan públicas as adxudicacións correspondentes ós expedientes que se citan.

De conformidade co disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación dos seguintes contratos:

I. Expediente: SXCA 1/2002.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: desenvolvemento do conxunto de páxinas e programas, así como a imaxe corporativa da web da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e dos centros conectados á rede educativa (Reduga).

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 86, do 6 de maio de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 91.000 A.

5. Adxudicación.

a) Data: 24 de xuño de 2002.

b) Contratista: Altia Consultores, S.L.

c) Importe de adxudicación: 72.800 A.

II. Expediente SXCA 3/2002.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: desenvolvemento dunha aplicación informática de xestión académica para as ensinanzas infantil e primaria, en contorno web.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 86, do 6 de maio de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 180.000 A.

5. Adxudicación.

a) Data: 24 de xuño de 2002.

b) Contratista: Altia Consultores, S.L.

c) Importe adxudicación: 144.000 A.

III. Expediente SXCA 5/2002.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b)Descrición do obxecto: subministración e instalación da plataforma hardware dun sistema de caché para contidos da Internet accesibles desde a Rede Educativa Galega.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 86, do 6 de maio de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 165.000 A.

5. Adxudicación.

a) Data: 24 de xuño de 2002.

b) Contratista: Telindus, S.A.

c) Importe de adxudicación: 164.453,72 A.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2002.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria