Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 25 de setembro de 2002 Páx. 14.039

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se sinala a data da poxa de bens inmobles.

Autorizado por acordo desta dirección xeral, de data do 27 de maio de 2002, o alleamento en pública poxa dos bens inmobles embargados no procedemento de constrinximento pola Zona de Recadación de Lugo como da propiedade do debedor Jaime López López co NIF 34195628X que a continuación se describe:

Lote 1:

œ piso 2º ou 3 ª planta da casa sinalada co número 36, situada na rúa Nova da cidade de Lugo, está destinada a vivenda e consta de varios cuartos e

servicios. Ocupa unha superficie útil de 112,94 m. Ten o seu acceso polo porche situado ó fronte do local comercial da planta baixa. Lindes: ó fronte, coa rúa da súa situación; ás costas, co local comercial da planta baixa; á dereita, entrando, coa escaleira e o patio de luces da casa e cos predios de Tomás Saavedra Pardo e María Castro; e á esquerda, coa casa e horta de Concepción e María Núñez Freire. Está inscrita no Rexistro de Propiedade de Lugo en libro 362, folio 38 e predio nº 27.372.

Valor: 61.823,35 A.

Cargas: 141.149,96 A.

Tipo: 10.820,52 A.

Lote 2:

œ local situado sobre a parte da rampla de acceso ó soto, da casa en construcción, s/n, situada na avenida de Carrero Blanco, esquina á Travesía da rúa Primavera, da cidade de Lugo; está destinado a albergar nel un transformador de energía eléctrica; ocupa a superficie útil aproximada de 17,43 m e mirándoo desde a avenida Carrero Blanco. Linda: fronte e costas, con alzadeiros que forman parte do local da esquerda de planta baixa, predio nº 3 do edificio; dereita, co citado local, predio nº 3 do edificio; esquerda, predio de Jaime López López. Actualmente o local sitúase no nº 14 da avenida das Fontiñas na cidade de Lugo. Está inscrita no Rexistro de Propiedade de Lugo no tomo 1.040, libro 601, folio 155 e predio nº 55.467.

Valor: 6.295,71 A.

Cargas: non constan.

Tipo: 3.147,85 A.

Lote 3:

œ local nº 8, contando as que integran a planta onde está situado de dereita e esquerda mirando desde a rúa dos Gardas, situado en parte da planta baixa da casa nº 1, 3, 5 e 7 da rúa dos Gardas, esquina á rúa Lamas de Prado desta ciudad; mide aproximadamente, 21,40 m; e mirándoo desde a rúa dos Gardas, pola que ten o seu acceso. Linda: fronte, leste, rúa dos Gardas; costas, oeste, rampla de acceso a soto; dereita, norte, co portal do edificio que dá acceso ás vivendas A, B e C do inmoble; esquerda, sur, en parte co local que por causa da división material forma o local 9, subnúmero 1, e en parte co local nº 9 de igual planta. Está inscrita no Rexistro de Propiedade de Lugo, predio nº 49.733.

Valor: 23.093,50 A.

Cargas: 61.159,31 A.

Tipo: 10.820,52 A.

Lote 4:

œ vivenda tipo A, situado en parte da 1ª planta alta de vivendas, da casa en construcción, s/n, situada na Rolda do Carme, da cidade de Lugo. Ocupa a superficie útil de aproximada de 89,23 m, está

destinada a vivenda e distribuída en varios cuartos e servicios; e mirándoa desde a Rolda do Carme por onde ten o seu acceso. Linda: fronte, a Rolda do Carme, costas con cuberta da planta baixa, que serve de terraza ó piso 1º A; dereita, de Francisco Vázquez Fernández e Emilio López Fernández; esquerda, patio de luces do edificio, vestíbulo de acceso, piso letra B de igual planta e patio de luces nº 3. Está inscrita no Rexistro de Propiedade de Lugo no tomo 994, libro 555, folio 174 e predio nº 50.000.

Valor: 92.129,97 A.

Cargas: 141.149,96 A.

Tipo: 10.820,52 A.

Lote 5:

œ local comercial da dereita segundo se mira desde a vía pública de fronte, situado na parte da planta baixa, da casa en contrucción, nº 1 e 3 da rúa de Castelao, da cidade de Lugo; ocupa a superficie aproximada de 66 m. Lindes: fronte, rúa de Castelao; costas, patio de predio de Atilano Morandeira Losada e predio de Jesús e Manuel Saco Copa; dereita, rampla de acceso ó soto; esquerda, local comercial do centro de igual planta e casa, predio nº 3. O seu chan está a distintos niveis. Está inscrita no Rexistro de Propiedade de Lugo no tomo 1098, libro 659, folio 53 e predio nº 65.132.

Valor: 35.481,60 A.

Cargas: 61.159,31 A.

Tipo: 10.820,52 A.

De conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona,

DISPOÑO:

Que o día 21 de outubro de 2002, ás 10 horas, na sala de xuntas da Delegación Territorial de Lugo, r/ Rolda da Muralla, nº 70, baixo, a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, teña lugar a dita poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:

Primeiro.-Que consta en poder da Zona de Recadación de Lugo o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames subsistentes, se os houbese, ó crédito dos executantes, continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas responsabilidades destes mesmos, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Segundo.-Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

Terceiro.-Os licitadores poderán enviar ou presenta-las súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con ofertas superiores á do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no rexistro da Delegación Territorial de Lugo, e deberán ir acompañadas de cheque conformado, estendido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia polo importe do depósito.

Cuarto.-Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será polo menos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

Quinto.-No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación, a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.

Sexto.-Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes, a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

Sétimo.-Se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ó remate do prazo do mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas, ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.

O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se considerase procedente realizar unha segunda licitación; se existira segunda licitación non haberá prezo mínimo.

Oitavo.-A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedi-la adxudicación para a Comunidade Autónoma de Galicia, do ben que non fora obxecto de venda, conforme o esta

blecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.

Noveno.-O procedemento de constrinximento soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación.

En todo o non previsto neste anuncio haberá de aterse ó preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2002.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos