Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 25 de setembro de 2002 Páx. 14.032

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo do corpo superior de administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas, e corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de finanzas, listas B, de conformidade coas resolucións do 30 de maio e 11 de xullo de 2002.

Publicadas as resolucións do 30 de maio e 11 de xullo de 2002 relativas á publicación das listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes ós corpos superior e de xestión de administración da Xunta de Galicia (grupos A e B), escalas superior e técnica de finanzas, listas B, e unha vez rematados os prazos previstos nas ditas resolucións, constatada a existencia dalgúns erros mate

riais nas listas publicadas por parte da comisión permanente de selección de persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios na correspondente sesión, unha vez elevada a oportuna proposta, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas, unha vez corrixidos os erros materiais constatados, as relacións de solicitantes para a cobertura, con carácter temporal mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios dos corpos superior e de xestión de administración da Xunta de Galicia (grupos A e B), escalas superior e técnica de finanzas, listas B. As ditas listas están expostas da forma que a seguir se indica:

-Solicitantes incluídos nas listas.

-Solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Segundo.-As citadas listas atoparanse expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no servicio de información do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 das 9 ás 19 horas, de luns a venres, e das 9 ás 14 horas os sábados.

Terceiro.-As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, quedando desde ese momento sen efecto as listas elaboradas conforme a convocatoria do 23 de maio de 2000, correspondente ós corpos superior e de xestión de administración da Xunta de Galicia (grupos a e B), escalas superior e técnica de finanzas.

Cuarto.-Os solicitantes excluídos ós que lle corresponda, disporán do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para solicita-la devolución das taxas por dereitos de inscrición, debendo consigna-lo nome e apelidos, NIF, número da conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta, achegando, así mesmo, copia cotexada do modelo de autoliquidación da taxa de autoliquidación.

Quinto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública