Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 24 de setembro de 2002 Páx. 14.014

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO.

No BOP de Pontevedra nº 150, do 7 de agosto de 2002, publicáronse as bases para a convocatoria dunha praza de administrativo de Administración xeral por promoción interna, sistema concurso-oposición restrinxida, vacante no cadro de persoal deste concello.

Para ser admitido requirirase ser funcionario deste concello do grupo D e ter 2 anos de antigüidade en propiedade e te-lo título de bacharelato superior, FP 2º grao ou equivalente, ou ter 10 anos na subescala auxiliar da escala de Administración xeral, ou 5 anos e ter superado un curso específico de formación.

A presentación de solicitudes terá lugar nos 20 días naturais seguintes á publicación do anuncio correspondente no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para os efectos oportunos.

A Estrada, 5 de setembro de 2002.

Ramón Campos Durán

Alcalde