Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 24 de setembro de 2002 Páx. 13.995

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da comisión permanente de selección de persoal funcionario para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal funcionario, constituída ó amparo do Decreto 89/1997, do 10 de abril, polo que se fan públicas as emendas da lista provisional do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), lista B.

Rematado o prazo fixado na resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 26 de xuño de 2002, pola que se publicaban as listas para a cobertura con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ó corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), listas B, e vistas pola comisión permanente de selección de persoal funcionario, na correspondente sesión, as alegacións formuladas polos interesados, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer público como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que foron excluídos ou non figuraban nas listas provisionais, que emendaron a causa de exclusión en tempo e forma.

Segundo.-Os solicitantes relacionados no citado anexo estarán obrigados, no prazo de 5 días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a remitirlle á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento das taxas que a continuación se expresa:

-Grupo B: 41,57 A.

Os que así non o fixesen no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Estarán exentos do aboamento de taxas por dereito de inscrición as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.

Os interesados disporán dun prazo de cinco días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para a emenda de erros que puidesen existir na puntuación relacionada no anexo, ou formula-las alegacións que consideren oportunas, que deberán dirixirlle á comisión permanente de selección de persoal funcionario (Dirección Xeral da Función Pública).

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública