Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 23 de setembro de 2002 Páx. 13.955

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, pola que se anuncia concurso público aberto, trámite de urxencia, para a contratación dunha consultoría para a elaboración dun estudio sobre novos viveiros de emprego en Galicia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Asuntos Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Nº de expediente: C 10/2002.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: elaboración dun estudio sobre novos viveiros de emprego en Galicia e posibilidades de ocupación para os colectivos en situación ou risco de exclusión social.

b) Lugar de execución: Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Prazo de execución ou data límite de entrega: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 60.101,21 euros (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 1.202,02 euros.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: 15781, Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 56 50.

e) Fax: 981 54 69 69.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do oitavo día natural contados a partir do seguinte ó de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais.

2. Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Domicilio: sala de xuntas.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día natural seguinte ó de finalización de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos dos anuncios: o pagamento do presente anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

11. Portal informático ou páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1733

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2002.

Miguel Rodríguez Barrio

Secretario xeral da Consellería de Asuntos Sociais