Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 23 de setembro de 2002 Páx. 13.952

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais dunha planta de tratamento de residuos voluminosos en Cerceda (A Coruña), promovida pola Consellería de Medio Ambiente.

En cumprimento do disposto no Acordo do 2 de setembro de 2002 desta dirección xeral, polo que se establece o procedemento de tramitación de urxencia no procedemento de avaliación de efectos ambientais do citado proxecto, reducíndose á metade os prazos de tramitación, o órgano ambiental somete o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o prazo de 10 días.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais dunha planta de tratamento de residuos voluminosos en Cerceda (A Coruña).

2. Para os devanditos efectos informativos, poranse, á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña.

-Concello de Cerceda.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte día ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2002.

José Luis Díez Yáñez

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental