Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 23 de setembro de 2002 Páx. 13.934

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 23 de agosto de 2002 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Economía e Facenda.

Advertido erro no anexo I da Orde do 23 de agosto de 2002, da Consellería de Economía e Facenda, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 170, do 4 de setembro de 2002, cómpre face-las oportunas correccións, na páxina 13.234, na columna segunda, onde di: «Tipo de adscrición: A11 (adscrición indistinta a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, Administración do Estado e Administración da Comunidade Autónoma)», debe dicir: «Tipo de adscrición: A11 (adscrición indistinta a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, Administración do Estado e Administración de comunidades autónomas)».