Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2002 Páx. 13.908

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, na súa sesión de data 30-7-2002, acordou:

1. Aprobar, con carácter definitivo, o estudio de detalle da UA 70 delimitada no PXOU promovido polo propietario dos terreos da unidade e redactado polo arquitecto Alfredo González Prieto que ten por obxecto a definición de aliñacións e rasantes e a ordenación de volumes, realizándose no documento un reaxuste na delimitación do ámbito de conformidade co previsto no artigo 50.4º da Lei do solo de Galicia.

No documento que é obxecto de aprobación definitiva introdúcense modificacións respecto ó documento inicial consistentes en reducción da edificabilidade e densidade para a súa necesaria adecuación á superficie real do ámbito.

2. Que se proceda á publicación do acordo aprobatorio no DOG e no BOP e a súa comunicación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dándolle traslado de copia certificada do expediente administrativo tramitado e de dous exemplares dilixenciados do documento definitivamente aprobado.

3. Contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse, potestativamente recurso de reposición perante o mesmo órgano que o adoptou no prazo dun mes ou impugnarse directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, computados, ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da notificación do presente acordo.

A interposición do recurso de reposición impide a impugnación en vía contencioso-administrativa en tanto non se dicte resolución, que deberá notificarse no prazo dun mes desde a súa interposición. Neste

caso, o prazo de interposición do recurso contencioso será de dous meses ou de seis meses, respectivamente, contados desde o día seguinte ó da notificación da resolución expresa do recurso de reposición ou desde que deba entenderse presuntamente desestimado.

Todo iso de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de RXAP e PAC, modificada pola Lei 4/1999 e artigo 46.1º da Lei da XCA.

Culleredo, 1 de agosto de 2002.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro de Urbanismo