Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 20 de setembro de 2002 Páx. 13.884

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se sinala a data da poxa de bens inmobles.

Autorizado por acordo desta dirección xeral, do 26 de xuño de 2002, o alleamento en pública poxa dos bens inmobles embargados no procedemento de constrinximento pola zona de recadación da Coruña como da propiedade do debedor Grupo Casteleiro, S.L. con NIF: B-15620636 que a continuación se describe:

Lote 1:

Predio nº 36.493, folio 97, libro 515, tomo 3.015 (inscrición 1ª) inscrita no Rexistro de Propiedade nº 3 da Coruña. Porción de terreo denominado Das Patiñas, identificado como parcela A, na parroquia de Serantes, municipio de Oleiros, que mide 601,60 m. Lindes: norte, sr. de Aguado, Casilda Rey, Avelino Gómez, Pilar Portela Seoane, herdeiros de Manuel Maceiras e Grupo Casteleiro, S.L.; sur, camiño público; leste, parcela B; e oeste, Luis Antonio García Rodríguez.

Valor: 54.745,60 A

Cargas: non constan.

Tipo: 54.745,60 A

Lote 2:

Predio nº 34.969, folio 174, libro 486, tomo 2.908 (inscrición 4ª) inscrita no Rexistro de Propiedade nº 3 da Coruña. Terreo ó sitio que chaman Das Patiñas, en Fornos, na parroquia de Serantes, municipio de Oleiros, de cabida 4.673,25 m. Lindes: norte, sr. de Aguado, Casilda Rey, Avelino Gómez, Pilar Portela Seoane, herdeiros de Manuel Maceiras e Grupo Casteleiros, S.L.; sur, camiño público; leste, Manuel Pereira Gayoso e oeste, parcela D.

Valor: 55.705,14 A

Cargas: non constan.

Tipo: 55.705,14 A

Lote 3:

Predio nº 36.495, folio 100, libro 515, tomo 3.015 (inscrición 1ª) inscrita no Rexistro de Propiedade nº 3 da Coruña. Porción de terreo denominado Das Patiñas, identificado como parcela B, na parroquia de Serantes, municipio de Oleiros, que mide 541,50 m. Lindes: norte, sr. de Aguado, Casilda Rey, Avelino Gómez, Pilar Portela Seoane, herdeiros de Manuel Maceiras e Grupo Casteleiro, S.L.; sur, camiño público; leste, parcela C; e oeste, parcela A.

Valor: 49.276,50 A

Cargas: non constan.

Tipo: 49.276,50 A

De conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro,

polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona,

DISPOÑO:

Que, o día 16 de outubro de 2002 ás 10 horas, no salón de actos da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda da Coruña, Praza de Pontevedra 22, baixo a presidencia do delegado territorial da Coruña, se celebre a dita poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:

1. Que consta en poder da zona de recadación da Coruña o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames subsistentes, se os houbese, ó crédito dos executantes, continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

2. Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

3. Os licitadores poderán enviar ou presenta-las súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con propostas superiores á do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no rexistro da Delegación Provincial da Coruña, e deberán ir acompañadas de cheque conformado, expedido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia polo importe do depósito.

4. Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será polo menos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

5. No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación, a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.

6. Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes, a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

7. Se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ó remate do prazo do mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas, ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.

O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se considerase procedente celebrar unha segunda licitación; se existise segunda licitación non haberá prezo mínimo.

8. A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedi-la adxudicación para a Comunidade Autónoma de Galicia, do ben que non fose obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.

9. O procedemento de constrinximento soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación.

En todo o non previsto neste anuncio haberá de aterse ó preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2002.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos