Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2002 Páx. 13.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización da U.E. I-01 Villa Laura (expediente 4291/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo en sesión do día 24 de xullo de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do polígono U.E. I-01 Villa Laura, redactado polos arquitectos Antonio Davila Alonso, Eva Filgueira García, César Jiménez López, Luis Meijide Rico e Jesús Cordeiro Rodríguez, visado polo COAG no 9-1-2002, 13-12-2001 e 13-7-2001 (expediente 4291/401).

Segundo.-Antes da aprobación definitiva do proxecto de urbanización deberá darse cumprimento ás observacións sinaladas polos enxeñeiros municipais dos departamentos de parques-xardíns e servicios electromecánicos nos seus respectivos informes favorables do 3-1-2002 e 8-1-2002 citados na parte expositiva deste acordo.

Terceiro.-Somete-lo presente expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante publicación de anuncios no DOG e nun xornal dos de maior circulación da provincia, así como mediante notificación individualizada do contido íntegro deste acordo ós propietarios incluídos no ámbito do proxecto de urbanización».

Procédese ó trámite de información pública do expediente. O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación, ata o remate do mes, contado desde o día seguinte ó da derradeira publicación. O expediente está á disposición do público no Departamento de Información Urbanística da Xerencia de Urbanismo (planta baixa do edificio da xerencia).

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados.

Vigo, 5 de setembro de 2002.

Carlos González Príncipe

Alcalde-presidente accidental da Xerencia

Municipal de Urbanismo