Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2002 Páx. 13.838

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

A Comisión de Goberno, na sesión do día 8 de xullo de 2002, acordou aprobar definitivamente a delimitación da unidade de actuación número 1 (UA-1) do Plan Especial de Reforma Interior número 3 (PERI-3) da Choupana, acordando a subdivisión da unidade en dúas subunidades, UA-1.1 e UA-1.2, para a súa execución independente, promovida por Julio Rey y Otros, S.L. e Promociones J. Otero, S.L.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo