Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2002 Páx. 13.799

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 12 de agosto de 2002 pola que se fixa o prezo de venda ó público da publicación: Notas técnicas sobre la CIE-9-MC, 4ª edición en castellano.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público da publicación editada por esta consellería e que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2002.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

* Notas técnicas sobre la CIE-9-MC, 4ª edición en castellano: 7,45 euros.