De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei xeral tributaria, segundo redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE do 31 de decembro), o xefe da Dependencia Provincial de Recadación de Barcelona da Axencia Estatal de Administración Tributaria, fai saber que, ó non ser posible, por causas non imputables á Administración tributaria, realiza-las notificacións ós interesados ou ós seus representantes nos procedementos que se indican na relación que segue, e intentadas estas de conformidade co establecido no artigo 105 da Lei xeral tributaria, cítanse os especificados na mencionada relación para que, no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, comparezan na Administración ou Unidade de Recadación que consta na relación, para seren notificados regulamentariamente.
En caso de non comparecer no prazo e lugar sinalados, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do seu vencemento.
Barcelona, 8 de maio de 2002.
Luis Felipe Palacios Arroyo
Xefe da Dependencia Provincial de Recadación
Nome: Stel Rapid del Valles, S.A.
NIF: A08340309.
Procedemento: inicio procedemento de constrinximento.
Referencia: C1100001320138985.
Unidade: Depedencia Rexional de Recadación.
Lugar de comparecencia: praza Letamendi 13-23, Barcelona.
Nome: Stel Rapid del Valles, S.A.
NIF: A08340309.
Procedemento: inicio procedemento de constrinximento.
Referencia: C1100001320139128.
Unidade: Depedencia Rexional de Recadación.
Lugar de comparecencia: praza Letamendi 13-23, Barcelona.