Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 18 de setembro de 2002 Páx. 13.782

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público a modificación dos estatutos do sindicato Asociación Gallega de Psicólogos Internos Residentes (Agapir).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou o día 31 de xullo de 2002, certificación expedida pola secretaria da referida organización sindical, Estela Cruz Martínez, co visto e prace da presidenta, Delia Guitián Rodríguez, na que se fai consta-lo acordo acadado por unanimidade pola xunta directiva da referida organización sindical e que consiste no traslado do domicilio social á rúa Escocia nº 5-D de Lugo.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais