Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 18 de setembro de 2002 Páx. 13.778

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2002, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se publica o inicio do expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada A Cañiza-O Porriño-Pontevedra, con anexos: V-2310; XG-215.

Ó abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iníciase expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos), da concesión V-2310; XG-215, A Cañiza-O Porriño-Pontevedra, da titularidade de Empresa Raúl, S.A., mediante a incorporación á citada concesión dos anexos seguintes:

* A Guía (gasolineira)-Torneiros (instituto).

* Empalme N-550 (Budiño)-Cerquido.

* Empalme N-550 (Budiño)-Orbenlle-estrada municipal polígono industrial As Gándaras-Atios.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra (estación de autobuses), efectua-las alegacións que estimen oportunas no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2002.

María José Bravo Bosch

Directora xeral de Transportes