Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 18 de setembro de 2002 Páx. 13.776

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2002 pola que se aproba a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para ingreso na escala de auxiliares de bibliotecas, arquivos e museos desta universidade, convocadas por Resolución do 2 de xullo de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 29 de xullo).

Rematado o prazo de presentación de solicitudes de participación nas probas selectivas para o ingreso na escala de auxiliares de biblioteca, arquivos e museos desta universidade, convocadas por Resolución do 2 de xullo de 2002 (DOG do 29 de xullo), este rectorado, en aplicación do previsto na base 4.1 da convocatoria, resolve aproba-la lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos que figura exposta no taboleiro de anuncios do Rectorado (rúa Maestranza, s/n) e no Vicerrectorado do Campus de Ferrol (Dr. Vázquez Cabrera, s/n).

De acordo co previsto no segundo parágrafo da citada base, os aspirantes disporán dun prazo de dez días, contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para emendar defectos.

A Coruña, 30 de agosto de 2002.

P.D. (Resolución 31-7-2002)

Manuel González Sarceda

Vicerrector de estudiantes

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE NOIA