Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 18 de setembro de 2002 Páx. 13.763

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 23 de xullo de 2002 pola que se autoriza a imparti-las ensinanzas do idioma castelán a Escola Oficial de Idiomas de Vigo (Pontevedra), a partir do curso 2002-2003.

Coa finalidade de satisface-la crecente necesidade social de coñece-los idiomas europeos e os cooficiais do Estado español, créase polo Decreto 126/1988, do 5 de maio (DOG do 27 de maio), a Escola Oficial de Idiomas de Vigo (Pontevedra) e pola Orde do 9 de xuño de 1988 (DOG do 7 de xullo) autorízase a posta en funcionamento.

Examinado o expediente promovido pola dirección da mencionada escola, polo que solicita a implantación das ensinanzas do idioma castelán, así como os correspondentes informes, e tendo en conta a demanda existente, esta consellería, de conformi

dade co establecido no artigo 1 do Decreto 213/1998, do 10 de xullo (DOG do 23 de xullo) e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la Escola Oficial de Idiomas de Vigo (Pontevedra) a imparti-las ensinanzas correspondentes ó idioma castelán. As ditas ensinanzas implantaranse progresivamente, iniciando o 1º curso no 2002-2003, quedando a configuración do dito centro segundo figura no anexo.

Segundo.-Autoriza-la Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa para adopta-las medidas precisas para a execución da presente orde.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Denominación: Escola Oficial de Idiomas de Vigo.

Código: 36018941.

Idiomas: alemán, castelán, francés, galego, inglés, italiano e portugués.