Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 17 de setembro de 2002 Páx. 13.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DOS BLANCOS

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, déuselle coñecemento ó Pleno do Concello, en sesión do 4-6-2002, do avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello dos Blancos (Ourense), abríndose un prazo de información pública dun mes desde a última publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia nun dos xornais de máis difusión da provincia, para efectos de que entidades e particulares poidan suxeri-lo que estimen oportuno e presenta-las propostas e os convenios urbanísticos que estimen procedentes.

Os Blancos, 5 de xuño de 2002.

José Juan Puga

Alcalde