Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 17 de setembro de 2002 Páx. 13.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

No BOP da Coruña nº 177, do 3 de agosto de 2002, publicáronse integramente as bases específicas da convocatoria para a provisión dunha praza de TAE As.xca. RR.HH., encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico superior, pertencente ó grupo A, vacante no cadro de persoal do Concello de Oleiros.

A regulación desta convocatoria específica complétase coa establecida na convocatoria unitaria para as prazas de persoal funcionario, correspondente ó exercicio de 2001, publicada no BOP da Coruña nº 236, do 15 de outubro de 2001.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio da convocatoria no BOE, deixando constancia de que os sucesivos anuncios relativos á convocatoria se publicarán no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.

Oleiros, 12 de agosto de 2002.

Mª José Varela Neira

Concelleira delegada de Persoal,

Gobernación, Consumo e Sanidade