Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 16 de setembro de 2002 Páx. 13.708

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da exposición pública da modificación do proxecto de compensación da U.E. V-A e B do Peri IV-05 Aragón, travesía de Vigo (expediente 4357/401).

Sométese ó trámite de información pública a modificación do proxecto de compensación da U.E. V-A e B do Peri IV-05 Aragón, travesía de Vigo, presentado por Ramón Pérez Amoedo en representación da xunta de compensación do devandito polígono, polo prazo de vinte días, mediante inserción de anuncio no DOG, segundo o establecido no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, ó que se remite o artigo 133.8º da mesma lei.

Signifícase que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a data de publicación do devandito anuncio.

A documentación atópase na oficina de información pública da Xerencia Municipal de Urbanismo, sita na planta baixa da xerencia.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 21 de xuño de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo