Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 16 de setembro de 2002 Páx. 13.707

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PADERNE

ANUNCIO.

Con data do 6 de agosto de 2002 enviouse ó BOP o anuncio no que se aproba o prego de condicións económico-administrativas que rexerá a contratación por concurso público, por procedemento aberto urxente, do servicio de conducción e mantemento de vehículos municipais, o que estará en exposición pública por un período de 8 días hábiles a partir do seguinte ó da última publicación no BOP ou DOG. Ó mesmo tempo e nun prazo común de 13 días naturais a partir do seguinte ó da última publicación, anúnciase a licitación, que en resumo é o seguinte:

Obxecto do contrato: prestación do servicio de conducción e mantemento do vehículo municipal

seguinte: vehículo microbús de 9 prazas, incluído conductor, matrícula C-1372-AU.

Prazo do contrato: dous anos.

Tipo de licitación: 27.070 euros.

Fianzas: provisional: non se fixa.

Defintivia: 4% do prezo de adxudicación.

Presentación de plicas: 13 días naturais desde o seguinte ó da última publicación no DOG ou BOP.

Apertura de plicas: 9.30 horas do terceiro día hábil. Se cadra en sábado, o seguinte hábil.

Paderne, 14 de agosto de 2002.

César Longo Queijo

Alcalde-presidente