En cumprimento do disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, da Xunta de Galicia, faise público que por Resolución da alcaldía do 22-7-2002 foi nomeada funcionaria de carreira Julia Blanco Area, DNI 52493720-S, encadrada na escala de Administración xeral, subescala auxiliar, denominación auxiliar administrativo, despois da superación do correspondente proceso selectivo incluído na oferta de emprego público de 2001.
Marín, 22 de xullo de 2002.
Francisco A. Santiago Fernández
Alcalde