Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 16 de setembro de 2002 Páx. 13.687

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 22 de agosto de 2002 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia, das contratacións que se citan.

Advertidos erros na resolución da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo do 22 de agosto de 2002, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia, da contratación da obra de reparacións urxentes na ponte da Ramallosa, Nigrán-Baiona (Pontevedra), publicada no Diario Oficial de Galicia nº 172, do venres 6 de setembro de 2002, cómpre face-la oportuna corrección:

Na páxina 13.366.

-Obxecto: reparacións urxentes na ponte da Ramallosa, Nigrán-Baiona (Pontevedra).

Onde di:

«Clasificación: grupo K, subgrupo 7, categoría c.».

Debe dicir:

«Clasificación: non se esixe.

Solvencia económica: informe emitido por institución financeira.

Solvencia técnica: relación dos principais traballos realizados durante os tres últimos anos.».

O prazo de presentación de ofertas para esta contratación concreta remata antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó de publicación desta corrección de erros no DOG. Esta ampliación de prazo non afectará ás outras dúas contratacións anunciadas na mesma resolución.