Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 16 de setembro de 2002 Páx. 13.685

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio, pola que se lles dá publicidade ás resolucións de adxudicación dos contratos que se relacionan.

Para os efectos previstos no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esta secretaría xeral acordou darlles publicidade ás adxudicacións dos contratos que a continuación se relacionan:

-Contrato de subministración de material informático para a Consellería de Industria e Comercio e as súas delegacións provinciais.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

Número de expediente: 3/2002 SX.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: subministración.

Descrición do obxecto: subministración, instalación e configuración de 44 ordenadores persoais, 4 impresoras láser, 2 servidores, 1 licencia de Dominio Aplication Server, 2 licencias Dominio Server, 25 licencias de usuario Collaboration e 10 licencias de Office profesional, así como a adquisición do software necesario para o funcionamento destes.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 24 de xuño de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 99.540,03 euros, IVE incluído.

5. Adxudicación.

Data: 5 de agosto de 2002.

Adxudicatario: Softgal, Servicios de Software de Galicia, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: noventa e tres mil euros (93.000 euros), IVE incluído.

-Contrato de obras correspondente ó proxecto complementario da sede do CIS da Madeira no Parque Tecnolóxico de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial.

Número de expediente: 3/2002 DXT.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: obras.

Descrición do obxecto: realizacción das seguintes construccións accesorias do edificio da sede do CIS da Madeira no Parque Tecnolóxico de Galicia: edificio destinado a secadoiro de madeira, situado na parcela 1C, ó igual que o edificio da sede do CIS-Madeira e a urbanización de toda a parcela 1C, que inclúe pavimentación, cerrado perimental con porta de entrada, iluminación de balizamento, instalación de rega, canalización de instalacións e aparcadoiro para o edificio do secadoiro.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 10 de xuño de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 467.038,02 euros, IVE incluído.

5. Adxudicación.

Data: 29 de xullo de 2002.

Adxudicatario: Industrias del Deza, S.L. (Indeza).

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: catrocentos corenta mil oitenta e nove euros con noventa e tres céntimos (440.089,93 euros), IVE incluído.

-Contrato de consultoría e asistencia para a realización dun estudio sobre a determinación do potencial de desenvolvemento de centros comerciais urbanos en varios concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Número de expediente: 1/2002 DXC.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

Descrición do obxecto: realización dun estudio relativo á determinación do potencial das principais zonas comerciais existentes nunha serie de concellos galegos para configurarse como centros comerciais urbanos.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 30 de maio de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 78.131,57 euros, IVE incluído.

5. Adxudicación.

Data: 28 de xuño de 2002.

Adxudicatario: Institut Cerdà.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: sesenta e sete mil douscentos sesenta euros (67.260 euros.), IVE incluído.

-Contrato de consultoría e asistencia para o seguimento da implantación de infraestructuras de gas natural e eléctricas de Galicia, a planificación enerxética e os desenvolvementos lexislativos asociados.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Número de expediente: 1/2002 DXI.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

Descrición do obxecto: asistencia para o seguimento da implantación de infraestructuras de gas natural e eléctricas de Galicia, a planificación sectorial enerxética e os desenvolvementos lexislativos asociados.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 5 de xullo de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 136.000 euros, IVE incluído.

5. Adxudicación.

Data: 13 de agosto de 2002.

Adxudicatario: Enertecma, S.L.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: cento trinta mil novecentos vinte euros (130.920 euros), IVE incluído.

-Contrato de consultoría e asistencia consistente na realización dos plans de competitividade das rochas ornamentais.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Número de expediente: 2/2002 DXI.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

Descrición do obxecto: análise da situación de competitividade do subsector das rochas ornamentais, a elaboración dos plans de competitividade da lousa, do granito, e doutras rochas ornamentais; así como o desenvolvemento das súas fases iniciais de xestión. Inclúe, polo tanto, a revisión das actuacións realizadas ata esta data, a análise da elaboración dun diagnóstico sobre a situación actual, a concepción dun plan de actuación e a xestión das fases iniciais de xestión dos plans de competitividade.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 5 de xullo de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 126.000 euros, IVE incluído.

5. Adxudicación.

Data: 13 de agosto de 2002.

Adxudicatario: Soluziona Consultoría y Tecnología, S.L.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: cento quince mil novecentos vinte euros (115.920 euros), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2002.

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio