Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 13 de setembro de 2002 Páx. 13.658

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o día 27 de xuño de 2002, acordou:

1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle da UA 11 delimitada no PXOU, promovido por Eloy Rama Pena, propietario de terreos no ámbito, e redactado polo arquitecto Santiago González García.

2. Somete-lo documento inicialmente aprobado a información pública polo prazo dun mes, o que se anunciará no DOG e nun xornal dos de maior difusión da provincia.

Os prazos contaranse desde a última publicación deste anuncio (DOG ou xornal) e poderá examinarse

o expediente nas oficinas municipais da Área de Urbanismo e presenta-las alegacións que consideren oportunas.

Culleredo, 2 de xullo de 2002.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro de Urbanismo