Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 13 de setembro de 2002 Páx. 13.653

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución de imposición de sanción relativa ó expediente sancionador en materia de espectáculos públicos OU-E-7/2002.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que a continuación se relacionan, as resolucións dictadas nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, sobre protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Número de expediente: OU-E-7/2002.

Denunciado: Julio Cerredelo Diz.

DNI: 34957251.

Enderezo: Baro Los Rosales, 33-1º D (Ourense).

Establecemento: Podium, praza Alameda de Verín.

Precepto infrinxido: artigo 26.e), da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, sobre protección da seguridade cidadá.

Importe da sanción: 300 euros.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións en Caixanova Recadación Xunta modelo XTAX, ou na cta. contable 840 código 001 de Caixa Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte no que esta resolución sexa executiva. Para efectua-lo ingreso deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados na oficina desta delegación provincial, sita en avda. da Habana, nº 79-2ª esquerda-Ourense.

Transcorrido o citado prazo, cobrarase pola vía administrativa de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición 2ª da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 5 de decembro).

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 2 de xullo de 2002.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense