Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 13 de setembro de 2002 Páx. 13.635

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala enxeñeiros técnicos agrícolas, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 6 de setembro de 2002, o tribunal designado pola Orde do 25 de abril de 2002, para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, (grupo B), escala enxeñeiros técnicos agrícolas, convocado pola Orde do 15 de outubro de 2001, acordou, de conformidade co disposto na base II.3.5. da convocatoria que o segundo exercicio da fase de oposición, se realizará o día 5 de outubro de 2002 na facultade de dereito da Universidade de Santiago de Compostela, situada no Campus Universitario Sur desta, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 10 horas, debendo estar alí presentes os opositores ás 9 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuizo do tribunal, así como de bolígrafo.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2002.

Jesús Collar Urquijo

Presidente do tribunal

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE NOIA