Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 12 de setembro de 2002 Páx. 13.575

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO de modificación do PXMO.

O Concello Pleno, na sesión que tivo lugar o día 27 de xuño de 2002, acordou o seguinte:

Primeiro.-Aprobar definitivamente a modificación puntual do PXMO prevista no SUNP I-33-R-Iñás, incorporando ó ámbito a área que no PXMO vixente se clasificaba como Reserva de equipamento RE-9, e que se incorpora agora como sistema xeral, coa excepción de que a dimensión exacta será a resultante da realidade física da parcela que se incorpora, como consecuencia da estimación da alegación presentada por Andrés Couto Prado.

Segundo.-Aproba-lo texto refundido que incorpora tódalas modificacións do plan xeral previstas no SUNP I-33-R-Iñás, as aprobadas definitivamente polo Concello Pleno, na súa sesión do 25 de abril de 2002, e a resultante do informe do director xeral de Urbanismo, do 5 de xuño de 2002, en virtude do establecido no artigo 42.5º da Lei do solo de Galicia.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo no prazo dun mes, que se computará desde o día seguinte ó da súa notificación,

perante o mesmo órgano que a dictou (ó abeiro do disposto polos artigos 116 e 117 da Lei 4/1994, de modificación da Lei 30/1992, de RXAPPAC).

Tamén se poderá interpoñer, contra esta resolución, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante a orde xurisdiccional contencioso-administrativa, sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión para os supostos e prazos previstos polo artigo 118 da citada lei.

Oleiros, 1 de xullo de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta