De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona, o acordo de inicio do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 abril e a Lei 2/1996, do 8 de maio, de Galicia sobre droga.
A partir do día seguinte á publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 16.1º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora; dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións, e no caso de non presentalas segundo o artigo 13.2º do dito Real decreto 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución.
Expediente sancionador: secretaría 214/02 PRO.
Denunciado/a: Ruisko Lizasu Arano.
DNI/CIF: 15777447.
Último enderezo coñecido: Sada de Arriba, 6-1º A, Sada.
Cualificación da infracción: grave.
Importe da sanción: tres mil cinco euros con sete céntimos.
A Coruña, 24 de xuño de 2002.
Mª Blanca García Varela
Delegada provincial da Coruña