Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 11 de setembro de 2002 Páx. 13.521

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, procedemento aberto, para a contratación de traballos de consultoría e asistencia técnica para o funcionamento do Centro de Documentación Ambiental.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

b) Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: traballos de consultoría e asistencia técnica para o funcionamento do Centro de Documentación Ambiental.

b) Prazo de execución: 10 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: trinta e cinco mil seiscentos cincuenta e seis (35.656) euros.

5. Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación, 713,12 euros.

6. Fianza definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

7. Documentación e información.

a) Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación, sita en San Lázaro s/n, Santiago de Compostela e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1689.

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web, e estean interesadas en concursar a esta licitación, deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:

-No epígrafe asunto: obxecto do prego.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

b) Información:

Teléfono: 981 54 17 49.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

-Enderezo: San Lázaro, s/n.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

9. Apertura da documentación xeral (sobres A).

Realizarase no lugar antes indicado, ás 13 horas do oitavo día natural contado desde o seguinte ó do remate de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

10. Apertura das ofertas.

As 12 horas, no lugar sinalado no punto 9.3º do sexto día natural contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral, se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

11. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2002.

P.D. (Orde 20-12-2001)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA,

ECONÓMICO-FINANCEIRA

E CONTABLE