Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 11 de setembro de 2002 Páx. 13.520

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 12 de agosto de 2002, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se notifica a apertura e o prego de cargos do expediente sancionador PESAN1 2002/000883-1.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, a apertura e prego de cargos do expediente instruído por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

O interesado dispón dun prazo de dez días a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentar ante a delegación territorial as alegacións que estime pertinentes.

O expediente relacionado a seguir atópase á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial da Coruña, Ramón y Cajal, s/n, 5ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 2002/000883-1.

Denunciado: Juan Manuel Zapata Míguez.

DNI: 32898564P.

Enderezo: Canteira de Eirís, 21 A Coruña.

A Coruña, 12 de agosto de 2002.

Beatriz Alonso de la Iglesia

Instructora