Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, mediante Orde do 15 de xullo de 2002 (DOG nº 140, do 22 de xullo), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería
RESOLVE:
Primeiro.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria que se expresa no anexo desta orde, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por orde desta consellería do 15 de xullo de 2002.
Segundo.-O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Se na data na que debe cesar no seu destino a funcionaria está desfrutando un período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.
A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ó do cesa
mento, de tratarse da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios a funcionaria, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.
Terceiro.-O xefe do centro no que cause baixa a funcionaria, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.
Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta conselleira, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2002.
Manuela López Besteiro
Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude
ANEXO
NRP: 4444568657 A2059.
Grupo: D.
Apelidos e nome: González Torres, Mª Ángeles.
Código do posto: FA.C06.00.000.15770.001.
Denominación: secretario/a do director/a xeral.
Nivel: 18.
Dependencia: Dirección Xeral de Xuventude.
Localidade: Santiago de Compostela.