Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 10 de setembro de 2002 Páx. 13.484

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO.

Concurso restrinxido para a contratación da asistencia técnica para a colaboración co Servicio de

Administración de Tributos na práctica de liquidacións do IAE no Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicante: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Administración de Tributos. Nº de expediente: 1/500.

2. Obxecto do contrato: descrición: asistencia técnica para a colaboración na práctica de liquidacións do IAE.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: dous anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: restrinxido.

Forma: concurso.

4. Orzamento: 1.200.000 euros.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pz. do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: cláusula 9 b) do prego de condicións administrativas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 9 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

A data e a hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións:

11. Gastos de anuncios: pagaraos o adxudicatario.

12. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org.

Vigo, 29 de agosto de 2002.

Xabier Toba Girón

Alcalde accidental