Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 10 de setembro de 2002 Páx. 13.477

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Por Decreto da Alcaldía do día 3 de setembro de 2002, aprobouse inicialmente o proxecto de pavimentación e dotación de servicios na rúa da Herba e o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá na súa licitación. Para tal efecto dáse a coñece-la devandita licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a execución das obras do proxecto denominado pavimentación e dotación de servicios na rúa da Herba.

b) Prazo de execución: tres meses. Non obstante, o prazo será o ofrecido na proposición do adxudicatario.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: o importe total do contrato é de 153.385,08 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 3.067,70 euros.

6. Obtención de documentación.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 982 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

Para obte-la documentación deberán dirixirse á copistería Copyfax, sita en Lugo, na rúa Bispo Aguirre, 1 (Galerías Pimentel), teléfono: 982 25 49 64.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e); grupo I, subgrupo 1, categoría b) e grupo G, subgrupo 4, categoría c).

b) Outros requisitos: os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o día da terminación coincidise en sábado ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula oitava do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197 planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o seguinte día hábil (agás sábado ou festivo) posterior ó remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 3 de setembro de 2002.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1999)

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado da Área