Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 10 de setembro de 2002 Páx. 13.476

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ABADÍN

EDICTO.

Aprobados pola Comisión Municipal de Goberno deste concello os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán na contratación, polo procedemento aberto e sistema de concurso, das obras de abastecemento de augas a Moncelos e A Graña de Vilarente, sinaladas co número 2 do POS do ano de 2002, expóñense ó público polo pazo de oito días hábiles contados desde a inserción deste anuncio no BOP e no DOG, e para os efectos previstos no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo, 781/1986, do 18 de abril

Declarada a urxencia do procedemento de contratación, de conformidade co establecido no artigo 171 do Real decreto lexislativo 2/2000 e 322 da

Lei 5/1997, do 22 de xullo, e con base no disposto no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo citado, anúnciase ó mesmo tempo que os pregos de cláusulas administrativas particulares a licitación das obras, que quedará aprazada, se houbese reclamacións, ata a súa resolución.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Abadín.

2. Obxecto do contrato: abastecemento de augas a Moncelos e A Graña de Vilarente.

3. Lugares de execución: Moncelos e A Graña de Vilarente.

4. Prazo de execución: 9 meses.

5. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

6. Orzamento base de licitación: 72.243,44 euros.

7. Garantía provisional: 2% do tipo de licitación.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Abadín.

b) Localidade: Abadín.

c) Código postal: 27730.

d) Teléfono: 982 50 80 21.

e) Fax: 982 50 80 51.

f) Data límite de obtención de documentación: último día da presentación da documentación.

9. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Solvencia económica, financeira, técnica e profesional: deberase acreditar de conformidade co sinalado nos artigos 16 e 17 do Real decreto lexislativo 2/2000.

10. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da inserción deste edicto no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 13 dos pregos.

c) Lugar de presentación: Concello de Abadín.

11. Apertura das ofertas: o seguinte día hábil a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións abrirase a documentación xeral. Se é sábado, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura das proposicións, coas melloras e oferta económica, realizarase o sexto día hábil contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral. Se é sábado, realizarase o seguinte día hábil.

Ámbolos dous actos terán lugar no Concello de Abadín.

12. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Abadín, 8 de agosto de 2002.

José María López Rancaño

Alcalde